Monday 29 de April de 2024

O Museo do Traxe Juanjo Liñares convértese en aula de formación para alumnos de confección e patronaxe


Alumnos, alumnas e profesores do CIFP Manuel Antonio realizaron nestes días unha visita ao Museo do Traxe Juanjo Liñares. En total foron unha vintena de persoas vidas dende Vigo e estreitamente relacionadas coa profesión do deseño, a confección e o patronaxe. Todos e todas acudiron ao museo como unha actividade complementaria dentro do seu proceso de aprendizaxe. Ademais de poder comprobar de primeira man a gran variedade de traxes rexionais de todo o país, tamén tiveron a ocasión de ver indumentarias de alto valor e beleza de países como Xapón, México ou da India entre outros moitos. Con elo amplíase o servizo que se presta desde este espazo de referencia para a arte da vestimenta, presentándose para que os futuros modistos, modistas e deseñadores poidan aprender de traxes realizados artesanalmente, moitos deles hai máis dun século.